lunes, 22 de diciembre de 2008


Este foi o eslogan da campaña en contra das 65 horas promovida desde a bitácora de César Calderáon, e dende logo foi un éxito rotundo pois moitos foron os blogs que se sumaron a este iniciativa que xunto as actuacións reivindicativas que levaron a cabo os sindicatos, gañaron a LOITA EN CONTRA A XORNADA DE 65 HORAS. Desde este recuncho o agradecemento a todas aquelas persoas que seguen a loitar polos dereitos dos traballadores e por unha mellor conciliación da vida laboral coa familiar.
Tendes aquí unha ligazón sobre un dos artigos que veñen a recoñer a vitoria por unha XORNADA DIGNA!!!

viernes, 5 de diciembre de 2008

O papel dos sindicatos


Para que existen os sindicatos? cal é a súa misión principal? Estes días dende logo que non paran, coa situación económica que están a atravesar as empresas, tratan por todos os medios (e parto desta premisa, supoño que así será) de defender os intereses dos traballadores que os elexiron, de defender o seu posto de traballo e mellorar as súas condicións laborais!
E pregúntome, igual que moitas máis persoas, cal é papel do sindicato LAB na empresa vasca de Ignacio Uria, asasinado vilmente na que os seus traballadores perderon ao seu dirixente?
Lede o artigo:"A esos de LAB, ¿no les van a echar?"

e reflexionade sobre este caso, o valor que ten a vida humana en calquera faceta, non só familiar, o valor de calquera crenza, e a finalidade de certas organizacións...

martes, 18 de noviembre de 2008

Guía de novas profesións



Seguindo coas novas profesiones, tendes na páxina de Educastur unha morea de recursos, e por certo, moi interesantes sobre a Orientación Laboral, entre eles, atópase unha Guía de NOvas profesións, que podedes ollar e atopar a súa descrición, acceso, tendenzas do mercado, buscade o voso sector, para verdes o que ten!!
Esta é a ligazón:
Guía novas profesións

lunes, 27 de octubre de 2008

PROFESIONAIS MÁIS DEMANDADOS EN ÉPOCA DE CRISE



Cando as empresas están a sufrir as consecuencias desta crise e teñen que facer un recorte severo en moitas das súas áreas para facer cadrar as contas ou para tentar sobrevivir nesta tormenta , hai colectivos aos que lles chega o vento favorable e ven como se incrementa a demanda dos seus servizos!!
O artigo Profesionales que se salvan del temporal de Beatriz Elías y Tamara Vázquez / Madrid que aparece na ligazón nomea os profesionais máis demandados en época de desacelaración económica e ademais xustifica o porqué deste aumento, entre eles, están:
 Xestores de cobro
 Asesores xurídicos
 Analistas financieiros
 Asesores de custos
 Avogados laborais
 Vendedores
 Analistas de riscos
Pincha no artigo e atoparás unha análise máis detallada dos postos máis solicitados
polas empresas neste intr

viernes, 24 de octubre de 2008

Tamén chega a crise ao mercado laboral



Hoxe publicaronse os datos da EPA, e malosr resultados amosan para o mercado laboral.
- A taxa de desemprego do 3ºT chegou ao 11,33%. Son 217.000 novas persoas as que engrosan a listade parados e xa suman preto dos 2.600.000 desempregados.Neste último ano son 806.900 más asp ersoas que estan desempregadas. Hai que ir ao ano 2004 para ver unha taxa similar, chegara ao 11,5%.
- Os homes son os máis prexudicados: houbo un descenso de homes ocupados de 164.300, porén aumentaron as mulleres ocupadas en 166.500. Hai máis desemprego entre os homes que entre as mulleres(3,6 veces máis), a taxa de paro nos homes é de 10,32% e a das mulleres de 12,66%.
- Por sectores, só aumentou o emprego no sector servizos, e no resto destruiuse, especialmente na construción, 354.200 menos no ano.
- Por idades, son os de entre 25 a 54 anos, os que rexistran máis desempregados, con 169.300 persoas.
Aínda así e todo, e con estes datos negativos, é cando máis debedes FORMARVOS para competir no mercado laboral e valorade a importancia dunha boa ORIENTACIÓN para que o camiño sexa máis curto e cheguedes antes ao posto de traballo que pretendedes.

viernes, 17 de octubre de 2008

A responsabilidade á hora de traballar


Dende logo que cando un está a desenvolver unha determinada actividade laboral e tamén profesional ou empresarial, es titular duns dereitos que conlevan aparellados uns deberes! Isto significa que podemos reclamar os nosos dereitos amparados pola lei, mais non debemos esquecer que todo o anterior conleva A ASUNCIÓN DUNHA RESPONSABILIDADE NO DESENVOLVEMENTO DA NOSA ACTIVIDADE! Una premisa que nunca podemos esquecer, un clarísimo exemplo andan a sufrir os mecánicos e xefe de mantemento de Spanair, que ven como o xuíz os imputa por homicidio e lesións no accidente aéreo de Barajas!
Vosoutros como futuros técnicos de mantemento, tendes que aprender a asumir este grao de responsabilidade á hora de traballar, imos ler este artigo, tendes un vídeo no seguinte enlace e reflexionaremos entre todos sobre este acontecemento.
El juez imputa a tres técnicos de Spanair por homicidio y lesiones imprudentes
20MINUTOS.ES / VIDEO: ATLAS. 16.10.2008 - 10:09h

lunes, 29 de septiembre de 2008

España di NON ás 65 horas

Despois do verán e do período de descanso, volve de novo a actividade docente, política, normativa,... Retomamos o que deixamos e emprendemos un novo curso cheo de ilusións, iniciativas e novos propósitos. Espero non facer soa esta andaina, convídovos a intercambiar pareceres, inquietudes, reflexións... relacionadOs coa especialidade de FOL a través desta canle comunicativa.
A mediados de setembro, o Congreso aprobou por unanimidade rexeitar a xornada de 65 horas proposta polo Parlamento europeo, un alivio, pois dende logo significaba un retroceso ás nosas conquistas sociais. Podedes ler o artigo no seguinte enlace:
El Congreso aprueba por unanimidad apoyar al Gobierno en su rechazo a la directiva de 65 horas 20:31 - 16/09/2008

jueves, 12 de junio de 2008

Asinarías un contrato para traballares 65 horas á semana?

A Unión Europea vén de aprobar a posibilidade de asinar unha xornada laboral de 65 horas á semana. Estamos ante un recorte dos dereitos recoñecidos hai tantos anos aos traballadores en materia de xornada? Que che parece esta iniciativa? En que casos asinarías un contrato con estas condicións? Le un dos moitos artigos que recollen esta nova, pincha deseguido e tes unha ligazón e reflexiona verbo desta medida.
La UE permite extender la jornada laboral hasta las 65 horas semanales El Periódico

jueves, 22 de mayo de 2008

Especialización ou submisión???

Hai un libro titulado Os Papalagui, que nos recomendou a profe de Galego (Ana) realmente interesante e cunha visión totalmente distinta á forma de vida da cultura europea. De irdes ao capítulo"Das profesións dos Papalagui e da confusión que daí resulta" veredes unha radiografía das tripas da especialización. Lede e cavilade, merece a pena? A especialización como requisito esixido para a inserción laboral, impídenos ver o traballo no seu conxunto? ser escravos deste capitalismo, ten este prezo? Estás disposto a pagar isto??

Profesión. É difícil explicarvos qué significa iso. É calquera cousa que unha persoa debía querer facer, pero que non quere. Ter unha profesión significa facer sempre o mesmo, facer unha cousa tantas veces que se acaba por facela sen esforzo e cos ollos pechados. Hai profesións para homes e profesións para as mulleres. A muller case sempre abandona a súa profesión cando casa,ao paso que o home é xustamente nese momento cando se consagra a ela... Pequenos discursos de Tiavii de Tiavea.

martes, 6 de mayo de 2008

A falta de formación como lastre para a inserción

Xa é de vello que as mulleres temos máis dificultade para a inserción laboral. Velaí tendes un artigo que o explica ben detalladamente, con porcentaxes que fan tremer a calquera, e máis aínda ás mulleres! Por riba, acotío vos estou a dicir, alumnos, da importancia da formación para atopar un posto de traballo!!
Lede o artigo, é para reflexionar.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/74/paradas/tiene/formacion/laboral/elpepiautgal/20080506elpgal_11/Tes

viernes, 28 de marzo de 2008

Requisitos de acceso ao mercado laboral

Na unidade temática 1 do bloque de Orientación estivemos vendo os requisitos de acceso ao mercado laboral, tedes unha imaxe que recolle os máis relevantes. Lembrade que dentro deles está a mobilidade laboral. Volvemos reflexionar sobre o mesmo a partir do artigo que deseguida vos poño o seu enlace. Pensade en que dita mobilidade xeográfica pode ser unha vantaxe competitiva á hora de atopar máis axiña emprego mais estamos dispostos a cambiar de país ou rexión para mellorar laboralmente? Esta é a cuestión que quero que respondades??
Nese artigo mencionamos que soamente o 15% dos traballadores españois inclúen experiencia laboral fóra do seu ámbito xeográfico...e analizan as posibles causas desta negativa por parte dos españois a mudar de sitio para irmos traballar, cales cres que son as causas verdadeiras desta negativa? comparte connosco se estarías disposto a mudar de rexión ou país por un traballo mellor e por que cres que a xente non o fai?? (se non funciona a ligazón buscade artigo no País, en sociedade, ofertas de emprego, cerca de casa...do 28/03/08

martes, 25 de marzo de 2008

Para os traballadores que queiran acreditar a súa competencia profesional

Se es un traballador en activo ou desempregado e tes máis de tres anos de experiencia laboral podes acreditar dita competencia profesional a través do procedemento convocado pola Consellería de Educación. Se les a orde podes acreditar unha serie de unidades de competencia dos ciclos vixentes segundo a túa experiencia adquirida, mais lembra que non debes estar matriculado no réxime ordinario conducente ao mesmo título. INFORMA Á XENTE TRABALLADORA, pódelle interesar isto e lembra que o período de inscrición abrangue desde o 24 de marzo ata o 3 de abril.
Se queres información máis detallada vai á páxina web de Educación da Xunta de Galicia e accede a FP-Ciclos Formativos, alí accederás a toda información.

lunes, 18 de febrero de 2008

Teoría sobre a motivación

Nestos días estamos vendo as distintas teorías sobre a motivación. Se pinchades no bloguiño de mantemento que tedes á vosa dereita podedes ver algún vídeo sobre anuncios televisivos que utilizaron teorías nos seus anuncios.

miércoles, 23 de enero de 2008

AS ESTRADAS TRAEN MÁIS LOITO ÁS FAMILIAS TRABALLADORAS

Un día tras outro, repítense as terríbeis noticias: persoas que perden a vida nas estradas... loito que se achega ao noso contorno tiñindo de negro amargo toda a nosa paisaxe, que nos fan estremecer e pensar na dor dos seus achegados...para eles, todo o apoio!
Outra vez hoxe volve repetirse un accidente laboral que implica a morte de dous traballadores, neste caso, tamén nas estradas de Lugo. http://www.elpais.com/articulo/espana/trabajadores/mueren/Lugo/atrapados/camioneta/cargada/madera/elpepuesp/20080122elpepunac_27/Tes
Lembrade que os accidentes in itinere, a ida e a volta do centro de traballo ao domicilio teñen a consideración de accidente laboral e pensade que a seguridade e prevención no traballo nunca é suficiente, non ten límites, hai que estar alerta minuto tras minuto!!!

martes, 8 de enero de 2008

A REFORMA DA SEGURIDADE SOCIAL E A XUBILACIÓN

Coa última reforma da Lei da Seguridade Social, introducíronse cambios significativos na pensión de xubilación. É certo que para vós esta situación queda moi lonxe; é máis, moitos de vós aínda non comenzasteis a vosa vida laboral e non estades como para pensar no seu fin...!!Mais, o seu futuro é incerto e non está de máis que coñezades os cambios que se introduciron, como están as pensións de xubilación nos outros países comunitarios veciños, e como augurades o futuro das devanditas pensións...
Unha das novidades máis salientábeis foi a incentivación á prolongación voluntaria da idade de xubilación: por cada ano a maiores en activo a partir dos 65 anos, hai unha subida do 2% da pensión por cada ano adicional cotizado, podendo chegar ao 3% se o traballador ten más de 40 anos cotizados.
Achegade os vosos comentarios sobre esta reforma social, e que fariades se tiverades 65 anos ou que pensades que farían os vosos pais nesta situación. Comparade que situacións se viven nos nosos países veciños.