miércoles, 23 de enero de 2008

AS ESTRADAS TRAEN MÁIS LOITO ÁS FAMILIAS TRABALLADORAS

Un día tras outro, repítense as terríbeis noticias: persoas que perden a vida nas estradas... loito que se achega ao noso contorno tiñindo de negro amargo toda a nosa paisaxe, que nos fan estremecer e pensar na dor dos seus achegados...para eles, todo o apoio!
Outra vez hoxe volve repetirse un accidente laboral que implica a morte de dous traballadores, neste caso, tamén nas estradas de Lugo. http://www.elpais.com/articulo/espana/trabajadores/mueren/Lugo/atrapados/camioneta/cargada/madera/elpepuesp/20080122elpepunac_27/Tes
Lembrade que os accidentes in itinere, a ida e a volta do centro de traballo ao domicilio teñen a consideración de accidente laboral e pensade que a seguridade e prevención no traballo nunca é suficiente, non ten límites, hai que estar alerta minuto tras minuto!!!

martes, 8 de enero de 2008

A REFORMA DA SEGURIDADE SOCIAL E A XUBILACIÓN

Coa última reforma da Lei da Seguridade Social, introducíronse cambios significativos na pensión de xubilación. É certo que para vós esta situación queda moi lonxe; é máis, moitos de vós aínda non comenzasteis a vosa vida laboral e non estades como para pensar no seu fin...!!Mais, o seu futuro é incerto e non está de máis que coñezades os cambios que se introduciron, como están as pensións de xubilación nos outros países comunitarios veciños, e como augurades o futuro das devanditas pensións...
Unha das novidades máis salientábeis foi a incentivación á prolongación voluntaria da idade de xubilación: por cada ano a maiores en activo a partir dos 65 anos, hai unha subida do 2% da pensión por cada ano adicional cotizado, podendo chegar ao 3% se o traballador ten más de 40 anos cotizados.
Achegade os vosos comentarios sobre esta reforma social, e que fariades se tiverades 65 anos ou que pensades que farían os vosos pais nesta situación. Comparade que situacións se viven nos nosos países veciños.