jueves, 12 de junio de 2008

Asinarías un contrato para traballares 65 horas á semana?

A Unión Europea vén de aprobar a posibilidade de asinar unha xornada laboral de 65 horas á semana. Estamos ante un recorte dos dereitos recoñecidos hai tantos anos aos traballadores en materia de xornada? Que che parece esta iniciativa? En que casos asinarías un contrato con estas condicións? Le un dos moitos artigos que recollen esta nova, pincha deseguido e tes unha ligazón e reflexiona verbo desta medida.
La UE permite extender la jornada laboral hasta las 65 horas semanales El Periódico

jueves, 22 de mayo de 2008

Especialización ou submisión???

Hai un libro titulado Os Papalagui, que nos recomendou a profe de Galego (Ana) realmente interesante e cunha visión totalmente distinta á forma de vida da cultura europea. De irdes ao capítulo"Das profesións dos Papalagui e da confusión que daí resulta" veredes unha radiografía das tripas da especialización. Lede e cavilade, merece a pena? A especialización como requisito esixido para a inserción laboral, impídenos ver o traballo no seu conxunto? ser escravos deste capitalismo, ten este prezo? Estás disposto a pagar isto??

Profesión. É difícil explicarvos qué significa iso. É calquera cousa que unha persoa debía querer facer, pero que non quere. Ter unha profesión significa facer sempre o mesmo, facer unha cousa tantas veces que se acaba por facela sen esforzo e cos ollos pechados. Hai profesións para homes e profesións para as mulleres. A muller case sempre abandona a súa profesión cando casa,ao paso que o home é xustamente nese momento cando se consagra a ela... Pequenos discursos de Tiavii de Tiavea.

martes, 6 de mayo de 2008

A falta de formación como lastre para a inserción

Xa é de vello que as mulleres temos máis dificultade para a inserción laboral. Velaí tendes un artigo que o explica ben detalladamente, con porcentaxes que fan tremer a calquera, e máis aínda ás mulleres! Por riba, acotío vos estou a dicir, alumnos, da importancia da formación para atopar un posto de traballo!!
Lede o artigo, é para reflexionar.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/74/paradas/tiene/formacion/laboral/elpepiautgal/20080506elpgal_11/Tes

viernes, 28 de marzo de 2008

Requisitos de acceso ao mercado laboral

Na unidade temática 1 do bloque de Orientación estivemos vendo os requisitos de acceso ao mercado laboral, tedes unha imaxe que recolle os máis relevantes. Lembrade que dentro deles está a mobilidade laboral. Volvemos reflexionar sobre o mesmo a partir do artigo que deseguida vos poño o seu enlace. Pensade en que dita mobilidade xeográfica pode ser unha vantaxe competitiva á hora de atopar máis axiña emprego mais estamos dispostos a cambiar de país ou rexión para mellorar laboralmente? Esta é a cuestión que quero que respondades??
Nese artigo mencionamos que soamente o 15% dos traballadores españois inclúen experiencia laboral fóra do seu ámbito xeográfico...e analizan as posibles causas desta negativa por parte dos españois a mudar de sitio para irmos traballar, cales cres que son as causas verdadeiras desta negativa? comparte connosco se estarías disposto a mudar de rexión ou país por un traballo mellor e por que cres que a xente non o fai?? (se non funciona a ligazón buscade artigo no País, en sociedade, ofertas de emprego, cerca de casa...do 28/03/08

martes, 25 de marzo de 2008

Para os traballadores que queiran acreditar a súa competencia profesional

Se es un traballador en activo ou desempregado e tes máis de tres anos de experiencia laboral podes acreditar dita competencia profesional a través do procedemento convocado pola Consellería de Educación. Se les a orde podes acreditar unha serie de unidades de competencia dos ciclos vixentes segundo a túa experiencia adquirida, mais lembra que non debes estar matriculado no réxime ordinario conducente ao mesmo título. INFORMA Á XENTE TRABALLADORA, pódelle interesar isto e lembra que o período de inscrición abrangue desde o 24 de marzo ata o 3 de abril.
Se queres información máis detallada vai á páxina web de Educación da Xunta de Galicia e accede a FP-Ciclos Formativos, alí accederás a toda información.

lunes, 18 de febrero de 2008

Teoría sobre a motivación

Nestos días estamos vendo as distintas teorías sobre a motivación. Se pinchades no bloguiño de mantemento que tedes á vosa dereita podedes ver algún vídeo sobre anuncios televisivos que utilizaron teorías nos seus anuncios.

miércoles, 23 de enero de 2008

AS ESTRADAS TRAEN MÁIS LOITO ÁS FAMILIAS TRABALLADORAS

Un día tras outro, repítense as terríbeis noticias: persoas que perden a vida nas estradas... loito que se achega ao noso contorno tiñindo de negro amargo toda a nosa paisaxe, que nos fan estremecer e pensar na dor dos seus achegados...para eles, todo o apoio!
Outra vez hoxe volve repetirse un accidente laboral que implica a morte de dous traballadores, neste caso, tamén nas estradas de Lugo. http://www.elpais.com/articulo/espana/trabajadores/mueren/Lugo/atrapados/camioneta/cargada/madera/elpepuesp/20080122elpepunac_27/Tes
Lembrade que os accidentes in itinere, a ida e a volta do centro de traballo ao domicilio teñen a consideración de accidente laboral e pensade que a seguridade e prevención no traballo nunca é suficiente, non ten límites, hai que estar alerta minuto tras minuto!!!